sábado, 27 de junio de 2009

GAÑADORES DO II CERTAME DE MICRO-RELATOS A GUARDA

O II Certame de Micro-Relatos A Guarda, organizado pola Rede de Dinamización e a Biblioteca Municipal da Guarda, entregou, o pasado 25 de xuño, os agasallos aos gañadores desta segunda edición: un lote de libros en galego e un diploma que recibiron Alejandro Martínez Vicente, autor de “Zoe”, seleccionado polo xurado, e Anselmo Martínez Pena, que presentou o micro-relato titulado “Largo Soño” votado maioritariamente polos internautas recibindo, tamén, un áccesit do Xurado.
O concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías, Antonio Lomba Baz, foi o responsable da entrega dos mencionados premios dun certame ao que se presentaron 15 micro-relatos procedentes de distintos puntos de Galicia e o resto de España (Ponteareas, Baiona, Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense ou Jaca).


ALEJANDRO MART ÍNEZ VICENT E, GAÑADOR DO PREMIO DO XURADO


Zoe
Zalo, cínico, ciumento e cirolán, zoscaba nela coma un za pateiro facendo zocos. Zoe, doce, dócil e cesante, vítima de Zalo do seu cinto zoante, da súa zuna e vicios. Zoe, cega, cedía, non se quería ceibar dese c ernil celoso. Dese túzaro zampallón recibía cero atencións e cen cicatr ices. "Ata que a morte vos separe". Así, coma un cerello, censurada, xaceron súas cinzas no cemiterio...
Alejandro Martínez Vicente. Baiona
ANSELMO MARTINEZ PENA, PREMIO DOS INTERNAUTAS E ACCÉSIT DO XURADO
Largo Soño
Baixaba do tren vestida de señora, acompañábaa un home, tamén, ben vestido.
Tratei de arrimarme a ela, tiña que facer algo para que se fixara en min. ¿Recordaríame? Eu, seguía sendo un pobre emigrante e estaba alí para subir ao mesmo tren do que ela baixaba. De súpeto recordei que na miña maleta sempre viaxaba aquela trenza do seu pelo que ela me regalara cando nos separamos naquel primeiro viaxe cara a emigración. Nunca máis nos volvemos a v
er e xa pasaron vinte anos. Agora podía devolverlle esa trenza co mesmo papeliño que ela escribira e dicía ”Esperareiche sempre, Quéroche moito”. Papeliño que atou con “outros pelos” ¡Díos, que angustia,vinte anos soñando!

martes, 16 de junio de 2009

ACTA DO XURADO

O día 11 de xuño tivo lugar a reunión do xurado cualificador do II Certame de MicroRelatos A Guarda, convocado pola Biblioteca Pública Municipal da Guarda e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información do Concello da Guarda.

Formaron parte do xurado ós seguintes membros:

PRESIDENTE:

Antonio Lomba Baz: Profesor de Tecnoloxía no I.E.S. A Sangriña da Guarda, Concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías do Concello da Guarda.

VOCAIS:

Marta Dacosta Alonso: Docente de Ensino Medio, membro directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, poeta, gañadora do 1º premio de poesía "O Grelo" en 1993, premio González Garcés de poesía 1995, premio "Martín Códax", accésit del premio de poesía Esquío 1999 ; colaboradora en Castrellis, Olisbos, Dorna, A festa da palabra silenciada, Congostray e outras revistas e xornais.
Antón Ferreira Lorenzo: Mestre, correspondente do xornal Atlántico Diario, administrador da páxina web galiciasuroeste.info, autor de publicacións e colaboracións en diversas revistas e xornais.
Ramón Quiroga Barro: Profesor de Lingua e Literatura Galega no I.E.S. A Sangriña da Guarda dende hai 23 anos.

O xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Premio gañador do certame ao microrrelato titulado Zoe, de ALEJANDRO MARTÍNEZ VICENTE, de Baiona

Accésit ao microrrelato titulado Largo soño, de ANSELMO MARTÍNEZ PENA, da Guarda.

No blogue creado para este certame, conpoucaspalabras.blogspot.com, votaron 58 persoas. O relato gañador do premio outorgado polos internautas cun total de 26 votos é Largo soño, de ANSELMO MARTÍNEZ PENA, da Guarda.

Os organizadores do certame e membros do xurado, felicitamos aos gañadores e agradecemos a participación de todas as persoas que fixeron posíbel este II Certame de MicroRelatos A Guarda.

A Guarda, 12 de xuño de 2009

miércoles, 27 de mayo de 2009

Soños

Os tronos e relampagos deron paso á intensa choiva, caía a noite e na cabaña a vella feiticeira tusía unha vez máis, demasiado fume quizáis...Son soños...só soños, voltou a repetir a modino, TODO é un gran soño, e non deiscou de balancearse, empoloirada...Tras un longo silencio e con voz ronca volveu dicir: Soños...soños longos e soños curtos, soños belos e soños horribles, pesadelos!!, soños alegres e tristeiros soños, soños que cantan e outros que choran, soños pacíficos, soños de guerra. Soños que che empurran a soñar, máis e máis, soños que che queren espertar, soños cálidos e soños xeados, soños que procuran e á veces atopan outros soños e se apertan. Millóns de soños, infinitos..
Pregúntase a vella, e afirma; se aos soños lles da por desaparecer... TODO ACABARASE!!
Mariela Acuña Chávez. Mos

martes, 26 de mayo de 2009

O noso idioma

Está o galego en perigo?. Deberiamos observar a situación dende a realidade social. Ao igual que na economía, é moi doado destruir mais, os procesos de reconstrucción e recuperación son moi lentos. O castelán, non necesita defensa, é de obrigado cumprimento, pois entón, fagamos o mesmo coa nosa língua, é doado. É o noso idioma orixinal, riqueza para nos. A resposta ten que ser do pobo, pero tamén necesita de achegas legais de fomento do uso e protección. Non debemos caer nos intereses de salientar conflictos lingüisticos. A nosa taboa de salvación está na xente nova é tamén en non afastar o galego da escola, xunto coa nosa participación persoal falando coma saibamos, e así contribuímos ao desenvolvemento do noso idioma.
Antonio Mouriño Taboada. A Guarda

Porque me pediches que te quixera?

Porque me pediches que te quixera?.... Corenta años despois aínda non atopei a resposta a esta anguria que me fai imposíbel erguerme da cama dende que me fixeches aquela maldita pregunta naquel día no que chegara por fin o verán a Galiza. ( Nota do diario correspondente a Felipe Bastos no día 20 de maio de 2009).
Gustavo Peaguda Pérez. Santiago de Compostela

Largo soño

Baixaba do tren vestida de señora, acompañábaa un home, tamén, ben vestido.
Tratei de arrimarme a ela, tiña que facer algo para que se fixara en min. ¿Recordaríame? Eu, seguía sendo un pobre emigrante e estaba alí para subir ao mesmo tren do que ela baixaba. De súpeto recordei que na miña maleta sempre viaxaba aquela trenza do seu pelo que ela me regalara cando nos separamos naquel primeiro viaxe cara a emigración. Nunca máis nos volvemos a ver e xa pasaron vinte anos. Agora podía devolverlle esa trenza co mesmo papeliño que ela escribira e dicía ”Esperareiche sempre, Quéroche moito”. Papeliño que atou con “outros pelos” ¡Díos, que angustia,vinte anos soñando!
Anselmo Martínez Pena. A Guarda

miércoles, 20 de mayo de 2009

Soaban as campás

Dong, dong, dong soaban as campás, tres toques cunha lixeira pausa entre eles. E outros tres, formando un cadencioso bucle sonoro, tocaba a defunto. O vento espallaba a siniestra melodia por toda a parroquia. Comenzaban a chegar os fregueses a igrexa. Algúns coxeando, outros co brazo entablillado, todos con aparatosas vendaxes.
O finado vivía coa súa muller e fillo nunha casa vella co chan de madeira. Daquela era costume facer os velorios na casa. A viuba encargáralle o seu fillo que fora ó monte cortar varizos de eucalipto para apuntalar o piso xa que moita xente acudiría. O mozo de nome Pepiño era coñecido polo seu alcume “O Despistado"
Manuel Ángel Álvarez Pérez. Camposancos (A Guarda)

Cuba

Entón recoñecín a mirada da fotografía cargada dun medo tan atroz que se me erizaron os pelos. Estaba tomada no sótano de abaixo e xamais a viu antes. Corrín a por unha linterna e o manojo de chaves da avóa. Púxenme un abrigo groso e collín o bote do aceite para botar na cerradura. Coa primeira ráfaga de luz non descubrín nada interesante. Á segunda, un manojo de ósos brancos sorríronme desde unha esquina. Souben que o avó nunca se foi a Cuba.
Lourdes Aso Torralba. Jaca (Huesca)

martes, 19 de mayo de 2009

A pantasma do turbante

Meus pais ian todos os sábados ó cine e a min deixabanme ó coidado dos mues irmáns. Metíamonos todos na cama dos meus páis, na radio poñian a hora do terror e eu ainda lles metía mías medo facendo algunha trasnada. Un sábado que estabamos escoitando a radio xúrovos que polo pasillo vin ún home que levaba un rolo de papel hixiénico na cabeza. Despois chegaban os meus pai do cine e metíannos a todos en cadansúa cama. Dende entón non fún capáz de deixar os pés fora da cama por medo a pantasma do turbante.
Rosa Margarita García Rivas. Vigo

lunes, 18 de mayo de 2009

Zoe

Zalo, cínico, ciumento e cirolán, zoscaba nela coma un zapateiro facendo zocos. Zoe, doce, dócil e cesante, vítima de Zalo do seu cinto zoante, da súa zuna e vicios. Zoe, cega, cedía, non se quería ceibar dese cernil celoso. Dese túzaro zampallón recibía cero atencións e cen cicatrices. "Ata que a morte vos separe". Así, coma un cerello, censurada, xaceron súas cinzas no cemiterio...
Alejandro Martínez Vicente. Baiona

domingo, 17 de mayo de 2009

As galiñas

Cando eramos nenos tiñamos unhas galiñas que eran nosas compañeiras de xogos,mentres nos lle liamos contos de Pulgarciño ,Capitán Trono ou fazañas bélicas elas observábanos .Pero un dia tamén quixeron ler,e cando nos fomos a comer,deixamos os contos o seu caron.O volver habían lido tanto que estaban todos los contos en miles de anaquiños.Os nosos preciosos contos que tanto queriamos,estaban todos esnaquizados.Iso si eran unhas galiñas moi ilustradas.
Pilar Martínez Uris. A Guarda

miércoles, 13 de mayo de 2009

Agora somos catro ;)

"pedín perdón polas miñas ausencias, e polos erros non cometidos, camiñei de puntiñas polo teu redor buscando simplemente un sorriso...

comprobei que o meu silencio, non ten porque ser o teu silencio, nin a miña desgana a tua.
caín na conta de que o meu silencio, precisa da tua verba.

E descobrín, non sen certa decepción: que ti foxes, cando eu me ausento."

- ¿que é isto?- preguntou alporizado.
-a nota que tiña nas mans, cando a atopamos-
-¡NENA! - non berre, xa non podemos facer nada.
Yolanda Domínguez Viñas. Tui

As historias de Xurxo

Había que facer só o que ela lle mandase, así podería saír a tempo para gozar do bo día de primaveira. Pero non, Xurxo non podía quedarse quedo. Era un neno inquedo, como calquer aventureiro; incapaz de atender ós profesores, só pensaba nas travesuras que cometería nada máis saír de clase, cando o seu pai o fose a buscar. Faltaban dez minutos e a Praza do reló resoaría dando as dúas en punto, entón abriríase a porta do cárcere cara á liberdade para él. Todas as tardes pasaba o mesmo, Xurxo saía a xogar con Breixo e Xoan, pero para él cada día era unha nova aventura, unha viaxe á vila mediaval da Garda.
Lidia Domínguez Meiriño. Ponteareas

martes, 12 de mayo de 2009

A lembranza do Doutor Sarmientos

O Doutor Sarmientos era un médico dos de sempre, daqueles que son recordados grazas a un suceso que roza o místico ríndose do incrible. Con café en man e a hora indebida o doutor recibe unha estraña visita,“O Pirulés”, o cacique do lugar que xa celebrara as de ouro, e a súa serventa, que escondía unha realidade irreal. O pobre doutor atemorizado e asoballado non tivo mais remedio que arrebatar o neno dunha nai que dende oito meses soñaba cun berce. O “Gran Xefe” sacando de arma do 1889 obrigou o doutor ao tráxico final. O médico nese intre pensou en todo o impensable que desexaba para “O Pirulés”. O druída enfeitizou ao home que cada noite na fraga busca ao seu neno perdido.
Juan Carlos Vázquez Ucha. A Coruña

domingo, 10 de mayo de 2009

A toleira de Mirella

No seu fogar, no seu traballo, na súa vida, ninguén lle facía caso xa.
Unha idea, un medo, un final, sabía que a encerrarían;
non sabía o porqué, o motivo, a razón.
Este o seu pecado. O manicomio, a súa cárcere. O rechazo, a súa condea.
Non estaba tan tola.

Noé Ferreira Rodríguez. A Guarda

O bico de Laszlo

Aquela noite o Kapital estaba a estourar e despois de chillar, brincar, fumar e beber a pote decidimos voltar para casa. Xa facía tempo que me estaban a amolar os zapatos de tacón negros e as medias rotas pola parte de atrás recordaban a longa noite de esmorga. O alborexar azul faíanos aterecer de frío e prendimos o último cigarro baixando pola rúa de Ervedelo. Despedíame do meu amigo, o húngaro sen nome. Eu ía marchar a Londres en pouco tempo. De súpeto bicáchesme e non entendín nada... Creo que ti tampouco.
Marta Garrido Camino. Ourense

sábado, 9 de mayo de 2009

Os campións aprenden das derrotas

André era un adicto a gañar. Fútbol, cromos, cartas e ata a consola, non lle gustaba perder nunca, por iso sabíase todo tipo de trucos e amaños para lograr a victoria. Como sempre gañaba, ninguén quería xogar con él, agás un rapaciño, Martiño, a quen humillaba unha e outra vez. Así, decidiuse apuntar o campionato galego de consola, pero unha vez alí encontrouse con que os xuices impediran todo tipo de trampas, polo que perdeu contra todos os contrincantes. A súa sorpresa veu cando escoitou o nome do gañador: Martiño, a quen nunca lle había importado perder, había aprendido de cada unha de aquelas derrotas, o que o había transformado nun campión
Sergio Rodríguez Teixeira. A Guarda

martes, 5 de mayo de 2009

BASES DO II CERTAME DE MICRO-RELATOS DA GUARDA

BASES DE PARTICIPACIÓN


A Biblioteca Municipal da Guarda e a Rede de Dinamización do concello da Guarda convocan o II CERTAME DE MICRO-RELATOS co fin de promover as Novas Tecnoloxías aplicadas á lectura.


  1. Poderán participar persoas maiores de 16 anos en diante sempre que o relato estea escrito en galego, sexa inédito e non presentado noutros certames.
  2. O tema será libre, cunha extensión máxima de 8 liñas escritas en fonte Times New Roman 12.
  3. A presentación das obras se realizará do modo seguinte: remitiranse ao enderezo electrónico microrelatosaguarda@gmail.com xunto cos datos persoais do autor/a (nome, apelidos, enderezo, teléfono de contacto, enderezo de correo electrónico).

  4. O prazo de presentación remata o día 27 de maio de 2009 ás 10 da mañá. Non se admitirán ás obras remitidas fóra de prazo.

  5. Haberá dous premios, un outorgado polos internautas, que votarán a partires do día 28 de maio de 2009 no modo que se indicará no seu momento; outro premio será outorgado por un Xurado formado por persoas relacionadas coas letras. O Xurado poderá conceder un accésit.

  6. Os premios poderán ser declarados desertos.

  7. O fallo do xurado darase a coñecer a partires do día 2 de xuño de 2009.

  8. O fallo de ámbolos dous premios será inapelábel.

  9. Todas as obras presentadas quedan en poder dos organizadores, podendo publicalas no xeito que consideren conveniente, figurando sempre o nome do autor/a.

  10. O premio consistirá na entrega dun lote de libros e diploma.

  11. As persoas gañadoras do certame deberán recoller o seu premio no Centro Cultural o día e hora que lle comunique. No caso de non poderen asistir persoalmente por residiren fóra do Concello, o premio será enviado por correo.

  12. A participación neste certame significa a aceptación total das bases.

  13. Os traballos presentados quedarán publicados no blogue: www.conpoucaspalabras.blogspot.com

lunes, 15 de diciembre de 2008

GAÑADORES DO I CERTAME DE MICRORELATOS A GUARDA


DAVID ARCE MARTINO, GAÑADOR DO PREMIO DO XURADO





Entrega simbólica do premio a David Arce por Rubén Carlos Hermida Garazo, dinamizador tecnolóxico da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do Concello da Guarda.




Perfecto amor
Un home conversa cunha muller por Internet. Logo de dez minutos el dille que se atopa locamente namorado dela. Pouco despois ela dille que non é ela senón el. El dille que fermoso, eu non son el se non ela. Logo de quince minutos eles seguen locamente namorados e deciden enviarse as súas fotos e verdadeiros nomes. El, que agora é ela móstrase máis impaciente e dille que quere escoitar a súa voz. Ela, que agora é el, di que está de acordo. Namóranse rápidamente das súas voces e logo de cinco minutos cada un apaga o seu ordenador soñando no amor perfecto, sen saber que catro horas máis tarde durmirán xuntos esgotados de tanto traballo, logo de deitar aos nenos.
Manuel David Arce Martino. Miraflores, Lima, Perú.

ANSELMO MARTÍNEZ PENA, GAÑADOR DO PREMIO DOS INTERNAUTAS






Antonio Lomba Baz, Concelleiro de Cultura entregando o premio a Anselmo Martínez no Centro Cultural da Guarda


Aquel Foguete
…como vou a esquecer aquel día que me pediches o cigarro que eu estaba fumando. ¡Nun pensei que fose para acender un fogete!. Acababa de gañar o Madri unha copa.Ti estabas tan eufórico... Arrimaches o cigarro a mecha e empezou a arder, o foguete saíu das túas mans con forza, pero a cana enganchouse no teu nike branco (como a camisola do R. Madrid) que tiñas posto. Atrullástete tanto que non deste desembelledado a cana do nike. O teu instinto fixo que taparas a cara co as mans.Uns intres despois estabas sen catro dedos da man dereita e parte da cara queimada.Coa mesma euforia dixéchesme: ¡Isto nun é nada! ¡Gañamos a quinta Copa de Europa!.
Anselmo Martínez Pena. A Guarda


RAQUEL PÉREZ RODRÍGUEZ, ACCÉSIT DO XURADO

Entrega do premio a Raquel por Marisol Diz Amil, Bibliotecaria da Guarda
No enterro
E alí estaba el. Tiña un aspecto plácido e tranquilo, case feliz, como de estar en paz con el mesmo. Ten narices que a única vez que vin feliz ó vello fose no seu propio enterro. Mirándoo alí, metido na caixa, case resultaba difícil comprender por qué sempre me infundira tanto respecto. Había quen dicía que a maquilladora da funeraria fixera un bo traballo, no entanto eu preguntábame a quen atoparía no outro mundo para que lle quedase esa cara de felicidade neste. Quizais fose a muller, ou un irmán, pero o máis probable é que fose o demo, pois noutra época deberon de ser bos amigos.
Raquel Pérez Rodríguez. A Guarda.

miércoles, 13 de agosto de 2008

I Certame de MicroRelatos A Guarda

O 29 de xullo tivo lugar a reunión do xurado cualificador do I Certame de MicroRelatos A Guarda, convocado pola Biblioteca Pública Municipal da Guarda e a Rede de Dinamización da Sociedade da Información do Concello da Guarda.

Formaron parte do xurado ós seguintes membros:

Presidente:
Antonio Lomba Baz: Profesor de Tecnoloxía no I.E.S. A Sangriña, Concelleiro de Cultura e Novas Tecnoloxías do Concello da Guarda.

Vocais:
Marta Dacosta Alonso: Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, docente de Ensino Medio, membro directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, poeta, gañadora do 1º premio de poesía "O Grelo" en 1993, premio González Garcés de poesía 1995, premio "Martín Códax", accésit del premio de poesía Esquío 1999 ; colaboradora en Castrellis, Olisbos, Dorna, A festa da palabra silenciada, Congostray e outras revistas e xornais.
Antón Ferreira Lorenzo: Mestre, correspondente do xornal Atlántico Diario, administrador da páxina web galiciasuroeste.info, autor de publicacións e colaboracións en diversas revistas e xornais.
Ricardo Rodríguez Vicente: Correspondente do Xornal Faro de Vigo e do blogue Infogauda, escritor e investigador local.

O xurado acordou outorgar os seguintes premios:

Premio gañador do certame ó microrrelato titulado Perfecto amor, de MANUEL DAVID ARCE MARTINO, de Miraflores, Lima, Peru.

Accésit ó microrrelato titulado No enterro, de RAQUEL PÉREZ RODRÍGUEZ, da Guarda.


No blogue creado para este certame, conpoucaspalabras.blogspot.com, votaron 176 persoas. O relato gañador outorgado polos internautas cun total de 52 votos é o relato Aquel foguete, de ANSELMO MARTÍNEZ PENA, da Guarda.

A entrega dos premios terá lugar nun acto que se celebrará na segunda quincena do mes de setembro no Centro Cultural da Guarda en data aínda por determinar.

Os organizadores do certame e membros do xurado, participamos ás nosas felicitacións ós gañadores e agradecemos a participación de todas as persoas que fixeron posible este I Certame de MicroRelatos A Guarda.

jueves, 24 de julio de 2008

Amencía [Fóra de prazo. Non concursa]

Amencía. Anhelaba terche ao meu lado, como che gusta, en silencio. Cubrir de laranxa o lento espertar. Ías á barra do bar, un café cargado, as sombras pesimistas do diario, o primeiro cigarro doutro día sen vontade. Anoitecía. Un frío oco no sofá de dúas prazas. Desexaba a calor do teu corpo contemplando a Laszlo de Almásy e Katharine Clifton. Non moi lonxe, soaba o teclado. Tiñas éxito no teu traballo, escasas votacións en Filmaffinity. Cada día che desperezas gruñendo, apestas a nicotina, perfeccionas os teus arquivos informáticos. E traes unha flor á miña sepultura. Agora xa é tarde. Debería ser eu quen cha entregase a ti. Pero non podo.
Justo Pastor Gutiérrez de las Heras. A Guarda

Lúa, lúa [ Fóra de prazo. Non concursa]

A noite fría xeaba nos coches e os ollos da lúa pecharon de supeto. A escuridade perpetua apoderouse da rúa e a aquela moza caeu de xeonllos. A lúa baixou xunto a ela e foi entón cando dixo:"Moza, ¿qué che ocorre?"Destrozada, a moza nin contestou. A lúa insistiu:"Moza ¿qué che ocorre?"Unha bágoa manou da súa meixela. A lúa comprendeu, e dixo:"Moza, xamáis esquezas que os soños cumprense tan só se de veras cres neles."A moza non volveu se-la mesma.
“Pecha os ollos e voa sen máis, non preguntes porqué”Haku.
Román Castro Coedo. A Guarda

Microrrelatos fóra de prazo

Estamos recibindo microrrelatos fóra de prazo. Publicamos no blogue os relatos pero non entran a concurso.
Grazas pola vosa participación e a gran acollida que tuvo este I Certame de MicroRelatos A Guarda.







MicroRelatos A Guarda.

SISTEMA DE VOTACIÓN

Hoxe, ás 10 de mañá rematou o prazo para a presentación de microrrelatos ó I Certame de MicroRelatos A Guarda.

O sistema de votación on-line é o seguinte:

Entre no blogue. Atopará unha enquisa á esquerda. Clique no título do relato que considere que merece ser o gañador e vote

miércoles, 23 de julio de 2008

Meu tio era todo un personaxe.

Era todo un personaxe. Un pándigho que se apuntaba a tódalas caralladas habidas e inventadas. O malo foi que non lle tocou vivir tempos esplendorosos . Eran tempos nos que as terras acababan cos ósos de calquera. Ghustáballe iso de darlle de mamar a aixada.
Olga Rodríguez Vicente. A Guarda

Aquel Foguete

…como vou a esquecer aquel día que me pediches o cigarro que eu estaba fumando. ¡Nun pensei que fose para acender un fogete!. Acababa de gañar o Madri unha copa.
Ti estabas tan eufórico... Arrimaches o cigarro a mecha e empezou a arder, o foguete saíu das túas mans con forza, pero a cana enganchouse no teu nike branco (como a camisola do R. Madrid) que tiñas posto. Atrullástete tanto que non deste desembelledado a cana do nike. O teu instinto fixo que taparas a cara co as mans.
Uns intres despois estabas sen catro dedos da man dereita e parte da cara queimada.
Coa mesma euforia dixéchesme: ¡Isto nun é nada! ¡Gañamos a quinta Copa de Europa!.
Anselmo Martínez Pena. A Guarda

Aló, no currunchiño...

Aló, no currunchiño máis fermoso que a luz do sol na terra alumeara, naceu o meniño máis xeitoso, Adrián lle chamaban. No seo das roseiras, durmíase, toliño e rebuldeiro. Polo espazo intensísimo, subía, volvendo a marchar murmuradeiro. Foron pasando así os 7 anos na vida daquel meniño tan feitizeiro. Craro azul no firmamento, paz e amor, nin vano roce, nin fatal tormento. Agora, es un xunco ardido sen voz e sen contornos, es un puñado de lúa cincenta, es unha mínima sombra onde o tempo está encorado. Ti eres esa luz, a beleza que nega a soidade espida. E vexote chegar coas crines revoltas galopando á brisa. E parece que de novo naces.- !Quérote meu anxo!.
Maria del Carmen Alvarez González. A Guarda

Acababa de ter un...

Acababa de ter un pesadelo horrible. Espertara sufocada, ata o punto de notar as sabas húmidas pegadas a miña pel. Respirei hondo. Era sábado. Xireime e busquei coa vista o reloxo dixital na mesa de noite, marcaba as doce e trinta e dous minutos. Quedara durmida. Levanteime. A casa estaba valeira. Mentres me preparaba un colacao, recordei que a miña nai quedara cunha amiga. O meu pai era probable que fora traballar. senteime no sofá e crucei os brazos, buscando algo que mirar naquel cuarto tranquilo. Un día máis, sentíame soa. Entón puiden notar esa angustia que che percorre as veas cun único obxectivo, chegar o corazón e notei ese nó que te oprime a gorxa cando tes ganas de chorrar, e chorei, Dios, como chorei!.
Bianca Lomba Álvarez. A Guarda

No enterro

E alí estaba el. Tiña un aspecto plácido e tranquilo, case feliz, como de estar en paz con el mesmo. Ten narices que a única vez que vin feliz ó vello fose no seu propio enterro. Mirándoo alí, metido na caixa, case resultaba difícil comprender por qué sempre me infundira tanto respecto. Había quen dicía que a maquilladora da funeraria fixera un bo traballo, no entanto eu preguntábame a quen atoparía no outro mundo para que lle quedase esa cara de felicidade neste. Quizais fose a muller, ou un irmán, pero o máis probable é que fose o demo, pois noutra época deberon de ser bos amigos.
Raquel Pérez Rodríguez. A Guarda

martes, 22 de julio de 2008

Nunha vila ...

Nunha vila pequerechiña de Galicia, vivía unha rapaza Maruxa que estaba namorada dun mozo mariñeiro, chamado Xián. El descoñecía estes sentimentos, e ela pensaba que non se fixaría nela, porque Maruxa non tiña zapatillas para ir bailar a praza da vila. A súa mellor amiga animo-na a que fose o baile, aínda que fose sen zapatillas.
Chegou o gran día, ela, bailou, bailou descalciña dando voltas e voltas… era un espectáculo magnífico. O mozo quedou prendido desa gran bailarina e pediulle un baile. Dende aquela noite Maruxa e Xián forma unha das mellores parellas de baile do redor e quen sabe se algo mais.
Macarena González Pena. A Guarda

Perfecto amor

Un home conversa cunha muller por Internet. Logo de dez minutos el dille que se atopa locamente namorado dela. Pouco despois ela dille que non é ela senón el. El dille que fermoso, eu non son el se non ela. Logo de quince minutos eles seguen locamente namorados e deciden enviarse as súas fotos e verdadeiros nomes. El, que agora é ela móstrase máis impaciente e dille que quere escoitar a súa voz. Ela, que agora é el, di que está de acordo. Namóranse rápidamente das súas voces e logo de cinco minutos cada un apaga o seu ordenador soñando no amor perfecto, sen saber que catro horas máis tarde durmirán xuntos esgotados de tanto traballo, logo de deitar aos nenos.
Manuel David Arce Martino. Miraflores, Lima, Perú.

domingo, 20 de julio de 2008

Unha noite máxica


Nunha noite de San Xoán, catro rapaces intentaban descubrir por que estaba encantado o castelo da vila. Ninguén sabía que estaban alí; ninguén os botaba de menos; tan só eu, Ana, sabía que estaban alí pero eu non fun; son a mais medorenta do grupo, por iso estou aquí soa ó lado da fogueira, esperando a que volvan.
Xa se empeza a asomar o sol e aínda non volveron, súas nais xa se preocupaban pero non quixen dicir nada, por se acaso despois chamábanme chivata. Comecei a preocuparme e conteino. As nais fóronos buscar e atopáronos as portas do castelo tremendo de frío, e de medo; todos prometeron nos volver ao castelo pola noite.
Ramón Domínguez Meiriño. Ponteareas

Un trasno moi trasno

Hai moitos anos, nun frondoso bosque, habitaba un trasno que tiña tolo ao pobo veciño coas súas trasnadas: soltaba ás galiñas, furaba a roupa dos campesiños, pintaba de alegres cores aos animais,…todo un caos. Os veciños, xa fartos do trasno, decidiron gastarlle unha broma pesada. Na noite anterior á lúa chea desplumaron unhas galiñas e recolleron mel, na noite seguinte, cando viron ao trasno saír do bosque, botáronlle o mel por riba e lanzáronlle as plumas quedando o trasno emplumado de arriba a abaixo. Despois daquela noite, o trasno deixou de molestar a os campesiños e todos puideron durmir tranquilos.
María Elena Meiriño Fidalgo. Ponteareas

viernes, 18 de julio de 2008

Aquel neno era...

Aquel neno era menor de cinco irmáns por iso sempre lle tocaba aproveitar a roupa dos outros .Un dia a súa nai púxolle uns pantalóns curtos pero tiñan uns buracos no cu ela con moita paciencia coseulle uns anacos de tea que lle quedaron moi bonitos o neno protestou non os quería pero non había outros. Saliu á rua a xogar e un amigo ao miralo díxolle que tiña televisións no cu e todos ríronse de el, volveu a casa chorando e non os puxo mais. A súa nai con moitos sacrificios cómprolle uns moi bonitos daqueles de tergal. Os estreou un domingo pra ir a misa ía tan feliz e contento que ao saír pola porta escorregou e caiu rompendo o seu precioso pantalón.
Pilar Martínez Uris. A Guarda

jueves, 17 de julio de 2008

Vinganza en The End

Se as contas do Narrador non lle faiaban só quedaban daquel Home 37 minutos de vida en cama de hospital. Ou o que é o mesmo, 1620 segundos. Ela botou unha nova mirada e veu ao velliño cos ollos fixos na porta, estaba enrugado coma unha pasa e os bigotes, crechos dende sempre, tremíanlle con cada novo salouco. A Bobary apertou o coitelo. Aguantara ben ao comezo, pero agora a arela de vinganza ameazaba con estalarlle coma bilis no peito. Contaba: 1617, 1616, 1615... E cuspíaos a cara do vello, que, dende o outro lado do The End, xa ía apercibíndose do que lle esperaba desta banda.

¡Pobre Gustave!, a fermosa Bobary namorara un narrador que llo servira para a vinganza.
Carlos Prego Meleiro. Ponteareas

miércoles, 16 de julio de 2008

Esperanza.

Contan que cando se abriu a caixa de Pandora empezaron a saír dela tódalas miserias do mundo: pestes, envexas, podredume e que alí no fondo atopábase estremecida unha fada; era Esperanza que recuperando pouco a pouco o alento perdeuse no mundo.

Esperanza do sorriso dun neno, esperanza do abrazo das olas o solpor, esperanza do murmurio das fragas, esperanza de amables cantares, esperanza...para min Galiza é Esperanza.
Marian Hermida Garazo. Ponteareas

sábado, 12 de julio de 2008

Sucedeu fai cincuenta...

Sucedeu fai cincuenta e cinco anos…, aínda sigo soñando de cando en vez ca fame, compañeiros de escola descalzos. Co frío do inverno que calaba ata os osos, cos tinteiros de chumbo,cos marmelos verdes do inverno, sopas de allo, papas de caldo, pes descalzos, miseria, fame, “Cara al Sol” e “Prietas las Filas”.
De repente, sen ter radio, nin ir ó cinema, chega as nosas mans un milagre impreso en cores relucentes, unha revista, con peixes, animais, paisaxes e países, que nos pasmaron e encheron da ledicia que ata esa non coñeceramos. Era a NATIONAL GEOGRAPHIC. O gran descubrimento da miña xeración do 43. Era a vida mesma, a esperanza…!
José Antonio Uris Guisantes. A Guarda

jueves, 10 de julio de 2008

Agardandote

Por fin chegara a casa. Agardaba os seus aloumiños con impaciencia. Unha aperta doce que me fixera subir as nubes e facerme pensar que aínda existe o mundo dos soños. Sentámonos a comer. Fixera unha receita que lle ensinara a súa nai cando aínda non sabía que era pecar. Notei a súa perna baixo a mesa. Sorríame, i eu era feliz. Levantámonos da mesa e colleume pola cintura. Creín estar no ceu cando os seus beizos tocaron os meus. Bicámonos. Unha cousa levou a outra, roces, suor, sentimentos, paixón, amor... Pasámolo ben.

O rematar, puxémonos os calzóns e sentámonos abrazados no sillón a mirar un filme...
Xermán Montes Vicente. A Guarda

A Búsqueda nunca é en balde.

Pensei que xa non volvería a velo, nin sentilo, nin abrazalo,… Durante alomenos dous anos tratei de buscalo, percorrendo ata os recónditos máis insospeitados; eu tan só era unha rapaciña cando desapareceu e dende entón xa non souben nada máis del.
Pasei moito tempo pensando onde estaría, si me botaría de menos ou si de vez en cando se acordaría de min. Pero por fin, cando xa non tiña esperanzas de atopalo, alí estaba el, preto do banco da praza, cos seus olliños atentos ó continuo voar das pombas.

Alí foi canto souben que aquel era o meu cadelo, Sero, ó que tantas veces añorei. Dende entón non podo separarme del, non quero volver a perdelo.
Lidia Domínguez Meiriño. Ponteareas

miércoles, 9 de julio de 2008

Lembranzas

As lembranzas agóchanse en cada recuncho coa única finalidade de facernos mal. Atópaste con elas sen decatarte, sen ter a ialma enfortida para facerlles fronte, e, de súpeto, a angoxa de saberte lonxe de aqueles anos; de aquelas xentes; de aqueles recordos… faite abafar un salouco e ter medo de que algén se decate da túa febleza. Os meus abós xa pasaron por todo iso, e, agora, nin sequera iso teñen. Os seus recordos xa non ponden facerlles dano, xa non existen, tan soio o seu corpo está con nos, baleiro de todo o que eles foron. Non me laio, o seu sorriso sigue quecendo coma un solpor cando me sento recoñecido.
Jacobo Taboada Lago. Barcelona